viernes, 7 de junio de 2013

O Segredo dos Instrumentos Musicais en Galicia

O luns, 3 de xuño, realizouse a actividade "O segredo dos instrumentos musicais en Galicia". Unha charla-coloquio encol dos instrumentos musicais en Galicia. Presentáronse os instrumentos máis característicos, sobre todo a gaita e a zanfona.
A charla estivo impartida por José Mª Álvarez Marías, multiinstrumentista (gaiteiro, zanfonista, frautista, guitarrista,...); fundador da Escola de Gaitas de Ortigueira e do Festival Internacional do Mundo Celta. Asemade foi membro da Comisión  xestora da Asociación de Gaiteiros Galegos. Profesor de gaita, formou parte de varios cuartetos de gaitas e de música folk. Colaborador de moitas asociacións e publicacións, na actualidade está estudiando zanfona e facendo cursos de construcción de instrumentos tradicionais no Padroado de Cultura de Narón.
A actividade, que foi organizada polo Equipo de Normalización, tivo lugar no Salón de Actos do Edificio da Uceira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario