viernes, 22 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

Co gallo da celebración da festa popular do Magosto, e a proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, cada aula elaborou unha receita de cociña cuxo ingrediente principal foi a castaña.
Velaí o resultado!

Bo proveito!

Os alumnos e alumnas tamén colaboraron con manualidades, debuxos e murais para decorar os corredores e as aulas do centro.



Para rematar festexamos o día comendo castañas asadas e facendo pequenas festas nas aulas.

jueves, 21 de noviembre de 2013

As abellas

Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria asistiron a unha charla sobre AS ABELLASUnha actividade complementaria ao currículo de aula, que estaban a traballar a unidade dos animais. O apicultor, Alberto Decabo Álvarez, que é o pai dunha nena de terceiro, tivo a xentileza de acudir ao centro e compartir os detalles máis importantes da vida e costumes destes insectos. 
Ademáis, como remate, todos puideron probar o mel, que el mesmo lles proporcionou.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

A festa do coleccionismo

Este ano, como unha gran novidade, os alumnos e alumnas de 6º A do noso cole, presentaron unha colección de monumentos do mundo baixo o título "Memorias en pedra".
Despois de moito traballo na escola nas horas de Atención Educativa, dirixidos polo seu profesor e por un membro da Sociedade Filatélica Miño, todas as familias quixeron doar a colección á Sociedade Filatélica para que comece un percorrido expositivo que botará a andar o venres día 8.
O Ceip Plurilingüe Calvo Sotelo será o primeiro centro público que nestes 50 anos ten este xesto, porque o coleccionismo desenvolve uns valores que hai que experimentar, e que son positivos e enriquecen tanto aos que practican como aos que con el se gozan.

José Luis Fernández con los alumnos de Sexto A del centro educativo de A Uceira. (Foto: EDUARDO BANGA)


domingo, 8 de septiembre de 2013

Empeza un novo curso.

O día 11 de setembro de 9:45 a 12:00, PRESENTACION.
Todos os nenos e todas as nenas, coñecerán aos seus titores e titoras, e a aula que lle corresponde.
Para informarse das reunións e demais novas, consultar a WEB DO CENTRO.

BENVIDOS A TODOS E TODAS!

miércoles, 10 de julio de 2013

O novo patio de Educación Infantil

O Delegado Territorial visitou onte as obras de acondicionamento do novo patio para Educación Infantil do edificio da Uceira. Obras que xa están a punto de rematar para que o vindeiro curso os nenos e nenas de infantil da Uceira poidan disfrutar deste patio específico para eles. Ogallá nos próximos meses se poida dotar do mobiliario correspondente!

Miguel Villar

jueves, 20 de junio de 2013

As vacacións de Milucha

Os nenos e nenas de 2º C escenificaron a obra de teatro, AS VACACIÓNS DE MILUCHA e remataron o festival recitando ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES, de Rosalía de Castro.

video






Concurso de Anuncios

Os alumnos e alumnas de 2º de primaria subiron ao escenario para poñer en escena a obra de teatro CONCURSO DE ANUNCIOS.

Ratones y Gatos

Os nenos e nenas de 1º curso de Primaria escenificaron a obra con baile "RATONES Y GATOS"

miércoles, 19 de junio de 2013

Desventuras da Espiña Berenguela

Para rematar o festival do 2º ciclo os nenos e nenas de 4º C, agasalláronnos coa posta en escena da obra de teatro DESVENTURAS DA ESPIÑA BERENGUELA.
video

video

Finalmente remataron poñéndolle ritmo a este festival escenificando o baile: VAMOS A LA PLAYA.

Pezas musicais

3º Acanción cantada, e despois bailada, OH SUSANA.

video

video


3º B, canción con pequena percusión, RATAPÓN.

video


3º C, canción cantada, e despois bailada, UNHA SEÑORA ÍA.


video

video


4º B, canción EU SON UN ARTISTA.


video

4º C, canción A LENGUA DO XANDUCA.




video

O Fillo do Panadeiro e ...

Os nenos e nenas de 3º C representaron dous contos:

O FILLO DO PANADEIRO
video
video


A FEIRA DE VANESA
video


Despois seguiron co recitado de varias poesías:

A MUIÑEIRA, de Manuel María

video

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES, de Rosalía de Castro

video

 NEGRA SOMBRA, de Rosalía de Castro


video

Os tres viaxeiros e ...

Os alumnos e alumnas de 3º B agasalláronnos coa posta en escena de dous contos:

OS TRES VIAXEIROS

video

O FILLO DA LÚA

video

Finalmente remataron co recitado da poesía GALICIA de Manuel María.


video

Os cinco amigos e Zapatóns

Os nenos e nenas de 3º A sairon ao escenario para representar dous contos:

OS CINCO AMIGOS
video

ZAPATÓNS
video

Despois deleitáronnos co recitado de dúas poesías:

O CARACOL E A BOLBORETA
video

martes, 18 de junio de 2013

Recitado de poesías

Os alumnos e alumnas de 5º C actuaron recitando as seguintes poesías de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro:

CAMPANAS DE BASTABALES
video



ADIÓS RÍOS, ADIOS FONTES
video



HAS DE CANTAR
video



"SEÑORITA" de Abraham Mateo

Para darlle un pouquiño de ritmo a este festival chegaron algúns alumnos e alumnas de 6º A, que nos representaron o baile da canción de Abraham Mateo: "SEÑORITA".
video





Telediario Cómico

A clase de 6º B ofreceu a representación dun TELEDIARIO CÓMICO, guión elaborado por Esteban.

Despois continuaron poñéndolle ritmo a este día coa posta en escena do baile: LIMBO
video



Varias pezas musicais

Xa para rematar os alumnos e alumnas de 5º ofrecéronnos a representación de diferentes pezas musicais.

5º C  canción con frauta e pequena percusión: HEIME DE CASAR CUN VELLO.

video




5º B canción con frauta: ADEUS CO MEU CORAZÓN.

video



5º A canción con frauta e pequena percusión: A SAIA DA CAROLINA.

video