viernes, 11 de noviembre de 2011

AS CASTAÑAS

O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias organizou unha exposición de traballos relacionados coa castañas. Participaron todas as titorías da Uceira. O resultado é do máis vistoso. Noraboa a todos os participantes!






viernes, 4 de noviembre de 2011

I EDICIÓN DE: COÑECE O ESPAZO ABALAR

Como xa ben sabedes, o curso pasado o noso centro incorporouse a Rede Abalar. Foron os alumnos e alumnas de 5º os que participaron no Proxecto Abalar. Este curso o proxecto amplíase e xa implica a todo o alumnado do 3º ciclo.


Dende o colexio, solicitouse a participación na primeira edición de "Coñece o Espazo Abalar", unha iniciativa promovida conxuntamente pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, dentro do Proxecto Abalar, e dirixida a todos os centros públicos da Rede Abalar.


O vindeiro martes, día 15 de novembro, terá lugar unha xornada informativa tanto para pais como para profesores, para fomentar o uso das funcionalidades do Espazo Abalar.


A xornada para o profesorado comezará ás 17:15 horas e a xornada para pais e nais ás 18:15 horas