jueves, 16 de enero de 2014

Storytelling (Contacontos en inglés)

Os nenos de 4º e 6º, así como tamén algúns de 3º e de 5º, disfrutaron dunha divertida actividade de animación á lectura en inglés, esta xoves pola mañá, no Salón de Actos da Uceira.

O conto  de cuarto foi: The Smartest Giant in Town basado en un libro de Julia Donaldson e Axel Scheffer.


A lectura de quinto, terceiro e sexto foi: The Snail and the Whale.


Os nenos e nenas pasárono estupendamente.

Contacontos en inglés - diapositivas

miércoles, 8 de enero de 2014

Festival de Nadal

O xoves, día 19 de decembro, tivemos o FESTIVAL DE NADAL no Salón de Actos da Uceira, tendo como espectadores ás familias do noso alumnado.
As actuacións estiveron repartidas en sesión de mañá e tarde e, foron as seguintes:
  • Desfile mestura de estilos "Imos de Festa", realizado por nenos e nenas de 2º de primaria, que remata cun baile de nenos de 4º.

  • Panxoliña "Cantade Mociños", interpretada por alumnos de 2º de primaria.
  • Educación infantil cantou: "Estrellita donde estás", nenos e nenas de 3 anos."Hoy canto para ti", nenos e nenas de 4 anos."El invierno", nenos e nenas de 5 anos."É Nadal" , todo o alumnado de infantil."Cantade mociños", os nenos e nenas de 5 anos. Enlace
  • Teatro: "A visita do Inspector" interpretada por alumnos e alumnas de 3º de primaria.

  • Panxoliña "Os Pastores", cantada por nenos e nenas de 3º de primaria.
  • Anuncio: "Se chove que chova", interpretado por alumnos e alumnas de 6º B.

  • Programa de televisión: "Atopar ou non atopar", realizado por nenos e nenas de 6º.

  • Dramatización: "As chicharras e as formigas", por alumnos e alumnas de 1º.

  • Anuncios: "Publicidade variada" dramatizados por alumnos de 4º.

  • Baile: "Soy tu gominola" de nenas de 5º C.
  • Teatro: "Preparándonos para emigrar. Anos 60", interpretado por alumnos e alumnas de 5º.
Tamén o xoves, día 19 de decembro pola tarde os edificios do Calvo Sotelo e do Campo da Feira tiveron os seus propios FESTIVAIS.