Todo o alumnado que solicitou praza no CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO de O CARBALLIÑO , está admitido.
NOTA IMPORTANTE: A distribución do alumnado de 3 anos, por edificios farase ao longo do mes de maio.
CEIP CALVO SOTELO
viernes, 4 de mayo de 2012
lunes, 19 de diciembre de 2011
BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS
O vindeiro mércores día 21 de decembro, entregaremos os BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS da 1ª avaliación dende as 10:15 ata as 13:45.
Indicar que non se entregarán con anterioridade a dita data. Se algunha familia, por calquera motivo, non pode vir a recoller o boletín ese día, poderá recollelo con posterioridade, incluso a volta de vacacións.
Indicar que non se entregarán con anterioridade a dita data. Se algunha familia, por calquera motivo, non pode vir a recoller o boletín ese día, poderá recollelo con posterioridade, incluso a volta de vacacións.
Un saúdo e un FELIZ NADAL
O NADAL
O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias animou ós titores e ó alumnado a colaborar na decoración de Nadal do Centro con: manualidades, debuxos, árbores, estrelas, nacementos, bonecos de neve, ...
Tamén participaron no concurso de postais de Nadal, proposto polo Equipo de Normalización Lingüística, para escoller aquelas que se encargarán de felicitarnos o Nadal.
Agradecemos a todos e todas a vosa colaboración.viernes, 11 de noviembre de 2011
AS CASTAÑAS
O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias organizou unha exposición de traballos relacionados coa castañas. Participaron todas as titorías da Uceira. O resultado é do máis vistoso. Noraboa a todos os participantes!
viernes, 4 de noviembre de 2011
I EDICIÓN DE: COÑECE O ESPAZO ABALAR
Como xa ben sabedes, o curso pasado o noso centro incorporouse a Rede Abalar. Foron os alumnos e alumnas de 5º os que participaron no Proxecto Abalar. Este curso o proxecto amplíase e xa implica a todo o alumnado do 3º ciclo.
Dende o colexio, solicitouse a participación na primeira edición de "Coñece o Espazo Abalar", unha iniciativa promovida conxuntamente pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, dentro do Proxecto Abalar, e dirixida a todos os centros públicos da Rede Abalar.
O vindeiro martes, día 15 de novembro, terá lugar unha xornada informativa tanto para pais como para profesores, para fomentar o uso das funcionalidades do Espazo Abalar.
A xornada para o profesorado comezará ás 17:15 horas e a xornada para pais e nais ás 18:15 horas
viernes, 24 de junio de 2011
FESTIVAL FIN DE CURSO
Como remate deste curso 2010-11 no colexio celebrouse o Festival de Fin de curso, cunha participación maioritaria por parte de todo. FELICES VACACIÓNS.
viernes, 10 de junio de 2011
OS ROMANOS
Os ROMANOS chegaron a Galicia despois dos castrexos, así que os nenos e nenas do primeiro ciclo do edificio Calvo Sotelo analizaron a vida e costumes dos homes e nenos desa época, a través de láminas proporcionadas polas súas titoras.
O traballo final foi o enmarcado de ditas láminas mediante a técnica do mosaico, para o que foron axudados polas súas familias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














