viernes, 31 de mayo de 2013

Comezo da Xornada de Mañá

Informar a todas as familias que o luns día 3 de xuño, empezamos o horario de xornada única só de mañá.
Entrada: Ás 9:45 horas.
Saída: Ás 14:30 horas.
Comedor: De 14:30 a 15:30 horas.
Recordar que este horario é o mesmo para toda a semana, de luns a venres.

jueves, 30 de mayo de 2013

5º de Primaria en Pontevedra

O mércores día 29 de maio, os alumnos e alumnas de 5º realizaron unha visita guiada pola CIDADE de Pontevedra, acudiron ao MUSEO e xa pola tarde visitaron o OBSERVATORIO ASTRONÓMICO de Forcarei. Foi unha viaxe un pouco pasada por auga, pero aínda así pasarono estupendamente.

excursión 5º - diapositivas

Así ve Laura Pinal de 5º A a viaxe realizada.


Excursión de 4º ao Grove

O alumnado de 4º de primaria realizou unha viaxe o día 22 de maio ao Grove, para visitar o ACUARIO e o MUSEO DO MAR. Ademáis subiron en BARCO, para observar especies marinas. Unha viaxe moi aproveitada! 


martes, 28 de mayo de 2013

"Olliños Lectores"

O noso proxecto OLLIÑOS LECTORES, un método de lectura en galego, basado no método DOMAN, que puxemos en práctica en Ed. Infantil e con alumnos e alumnas con dificultades para iniciarse na lectura, tivo o recoñecemento por parte da Comisión de Selección dos Proxectos de Innovación en Dinamización Lingüística a desenvolver no curso académico 2012-13.

Este proxecto figura entre os cinco puntuados como excelentes:

  1. Palabras de Pedra-Proxecto Mámoas. IES Marco Camballón de Vila de Cruces e IES Máximo Romero de Lema de Zas.
  2. Fala Moaña. CEIP Quintela de Moaña.
  3. Olliños Lectores. CEIP Calvo Sotelo de O Carballiño.
  4. Dobraxe a subtitulado ao galego de curtas de distribución libre. IES Daviña Rey de Monforte.
  5. O galego, dende o silencio. IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela.
Para consultar a resolución picar no seguinte enlace:

jueves, 23 de mayo de 2013

Xornada de Atletismo

Onte, 22 de maio participamos nunha Xornada de Atletismo, no pavillón Paco Chao do Carballiño.
Participaron seis colexios da Agrupación Deportiva Arenteiro:

  • CEIP Nosa Sra. de Xuvencos de Boborás.
  • CEIP Virxe da Pena da Sela de Irixo.
  • CPI Virxe da Saleta de Cea.
  • CEIP de Amoeiro.
  • CPR Vila do Arenteiro.
  • CEIP Calvo Sotelo do Carballiño.
Nós acadamos o 3º posto en alevíns e o 4º en benxamíns. Foron os colexios de Amoeiro e o do Vila do Arenteiro os que se repartiron os dous primeiros postos.

A xornada destacou pola deportividade e boa convivencia.

jueves, 16 de mayo de 2013

O Grove

Os nenos e nenas de 3º de primaria, foron de excursión ao Grove o día 9 de maio. Foron en BARCO e visitaron o ACUARIO.
Que divertido!

miércoles, 15 de mayo de 2013

Semana das Letras Galegas

Para homenaxear ao autor Roberto Vidal Bolaño, os nenos e nenas de 3º de primaria, realizaron unhas caricaturas moi graciosas.




Tamén elaboraron murais alusivos a tan sinalado día:


Na aula de inglés

Nas súas titorías



Os nenos de 2º C fixeron un recital do poema "ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES,..."






Os nenos de 2º A bailaron co Karaoke "MEU O MUNDO É!"