jueves, 28 de febrero de 2013

Aprendo a crecer sán

Durante este mes de febreiro, na Uceira, houbo unhas charlas sobre SAÚDE, para todos os nenos e nenas de educación primaria. Impartiunas unha persoa da Consellería de Sanidade.



Algunhas mestras para traballar o tema tratado na charla, e tamén para poñer en práctica o aprendido nun curso de formación no noso Centro, elaboraron  a seguinte PREZZI.

lunes, 18 de febrero de 2013

OS VERMES DA SEDA

O noso Centro participou nunha Unidade Didáctica sobre o Cultivo e Obtención do Fío da Seda. O curso pasado, trouxéronnos os ovos dos vermes, e varias titorías de infantil e primaria, dedicáronse a alimentalos coas follas das moreiras.
Observaron parte do proceso: ovos, gusanos, casulos e mariposas.
Este ano para completar o proceso viñeron especialistas da Xunta para ensinarlles, aos nenos e nenas de educación infantil e primeiro de primaria, o proceso de extracción da seda.
Ademais deixáronnos unha exposición para que poidan ver e tocar todos os alumnos e alumnas:
  • Diferentes tipos de casulos.
  • Fíos de seda de diferentes grosores.
  • Telas de seda con diferentes texturas.

lunes, 11 de febrero de 2013

OS PROFES TAMÉN SE DISFRAZARON

Non só os nenos e nenas, tamén a maioría dos profes se animaron para celebrar este día de festa.

DÍA DE ENTROIDO

O venres, día 8 de febreiro, celebramos o entroido no cole da Uceira. Os nenos e nenas acudiron ao cole con disfraz libre, e despois do recreo desfilaron todos no patio lucindo as súas mellores galas.


jueves, 7 de febrero de 2013

martes, 5 de febrero de 2013

PERIGOS DE INTERNET

Os días 28 e 29 de xaneiro os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria, recibiron unha Charla sobre os perigos de navegar polas Redes Sociais. A Charla correu a cargo dun Teniente da Garda Civil e realizouse en colaboración co Concello do Carballiño.