Dende o Caurel a Uceira, chega O APALPADOR, un carboeiro, que según a tradición cada 31 de decembro se achega aos nenos e nenas, para apalparlles a barriga e comprobar se comeron ben e san durante todo o ano.Co seu bastón, a súa boina e unha "tricicleta" que deixou aparcada á porta do colexio, fíxolle pasar un rato divertido e ofrecéulles cacahuetes a todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil do edificio da Uceira. Antes de marchar, deixonos o conto do Apalpador, para que todos coñeceran a súa historia.
viernes, 17 de diciembre de 2010
FESTIVAL DE PANXOLIÑAS
martes, 30 de noviembre de 2010
DEPORTE ESCOLAR
O pasado xoves 25 de novembro, os rapaces e rapazas de cole das categorías alevín e infantil, participaron na proba de Campo a Través desputada no PUZO DO LAGO, en Maside.
Asistiron 69 nenos e nenas do noso centro, que correron en catro probas, conseguindo uns moi bos resultados, incluíndo medallistas en todas as probas.
A pesares do intenso frío e da néboa, desfrutaron dun gran día de práctica deportiva e de convivencia con nenos e nenas doutros centros da nosa zona.
Asistiron 69 nenos e nenas do noso centro, que correron en catro probas, conseguindo uns moi bos resultados, incluíndo medallistas en todas as probas.
A pesares do intenso frío e da néboa, desfrutaron dun gran día de práctica deportiva e de convivencia con nenos e nenas doutros centros da nosa zona.
miércoles, 17 de noviembre de 2010
O MAGOSTO
Este ano, o magosto non tivo a mesma celebración que en cursos anteriores, debido ás obras que se están realizando no patio da Uceira. Aínda así, dentro das aulas, houbo moitas actividades relacionadas con dita festividade.
Na titoría de 5ºB
A castaña na biblioteca
View more presentations from milarofer.
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
Foi promovida pola Xunta de Galicia para fomentar o consumo de peixe entre os nenos e nenas.
No noso centro participaron todos os cursos de primaria. A continuación podedes ver unha presentación que nos mandaron os de 5º.
Campaña a favor do peixe
View more presentations from milarofer.
viernes, 12 de noviembre de 2010
BENVIDA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)