Normalización Lingüística

DÍA 14 DE MAIO DE 2013

Para homenaxear ao autor Roberto Vidal Bolaño, os nenos e nenas do Cole, realizaron unha gran variedade de actividades.



DÍA 18 DE ABRIL DE 2013

ACTIVIDADE DE SENEGAL

Durante esta semana imos por en marcha a actividade "Carballiño - Dakar". Esta actividade vai ter 2 partes: 
  1. Por un lado, imos a facer un conto, que iremos elaborando entre todo o centro, cada aula engadiralle un párrafo, continuando co xa escrito anteriormente, ata completalo. Unha vez rematado, ese conto enviarase á escola La Ruah, en Dakar. Tamén lles mandaremos fotos e un resumo de como é o noso cole, a nosa vila, de como vivimos, ... a modo de presentación para nos coñezan, xa que nós xa temos fotos deles e toda a información que a profe de inglés Inma, nos trouxo da súa viaxe.
  2.  Unha segunda parte da actividade consiste en mandar material escolar que traerán os alumnos e alumnas (un lápiz, unha goma, ceras,...), xa que carecen del (como puidemos ver nas fotos que nos amosou Inma).
Para que teñades unha pequena percepción do que é a escola podedes consultar o seguinte enlace:






CONCURSO PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS IMAXINA CANTARES

Coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convocan conxuntamente o concurso Imaxina Cantares! para que os máis novos poidan gozar da obra rosaliana a través de producións en soporte audiovisual.
O certame está dirixido a alumnado dos centros educativos de titularidade pública coordinado por profesorado pertencente ao equipo de dinamización da lingua galega.
Podedes atopar máis información na seguinte ligazón:

No hay comentarios:

Publicar un comentario