lunes, 18 de febrero de 2013

OS VERMES DA SEDA

O noso Centro participou nunha Unidade Didáctica sobre o Cultivo e Obtención do Fío da Seda. O curso pasado, trouxéronnos os ovos dos vermes, e varias titorías de infantil e primaria, dedicáronse a alimentalos coas follas das moreiras.
Observaron parte do proceso: ovos, gusanos, casulos e mariposas.
Este ano para completar o proceso viñeron especialistas da Xunta para ensinarlles, aos nenos e nenas de educación infantil e primeiro de primaria, o proceso de extracción da seda.
Ademais deixáronnos unha exposición para que poidan ver e tocar todos os alumnos e alumnas:
  • Diferentes tipos de casulos.
  • Fíos de seda de diferentes grosores.
  • Telas de seda con diferentes texturas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario