jueves, 20 de diciembre de 2012

FESTIVAL DE NADAL

A primeira parte do Festival foi para infantil e 1º ciclo de primaria.
Os nenos e nenas de infantil actuaron con tres cancións: "É Nadal", "Chu-chu-a" e "Aquella estrella de allá"

Os alumnos e alumnas de primeiro curso puxeron en escena dúas actuacións: "Cancións de Miliky" e "É Nadal".
Os de segundo curso actuaron coa panxoliña "Cantade Mociños"
E xa para rematar os nenos e nenas de 2ºC agasalláronnos coa posta en escena dun guiñol, "O abeto e as merliñas" e o teatro "A carapuchiña vermella".


A segunda parte do festival foi para a 2º ciclo de primaria.
Actuaron os nenos e nenas de 3º C co teatro, "Xornada médica", os de 4ºC tamén co teatro "Que dirán!" e todos os de 4º con panxoliñas: "Canción de Nadal" e "Un ano máis".

Moitas grazas a todos e todas, e sobre todo ás mestras e mestres que co seu esforzo, constancia, paciencia e ganas de facer cousas cos nenos e nenas, fan que se disfrute con estas actividades que tanto gustan.
Moi boas festas a todos e todas e que ningún neno nin nena se quede sen o seu agasallo de Nadal.
Ata o día 8 de xaneiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario