martes, 30 de noviembre de 2010

DEPORTE ESCOLAR

O pasado xoves 25 de novembro, os rapaces e rapazas de cole das categorías alevín e infantil, participaron na proba de Campo a Través desputada no PUZO DO LAGO, en Maside.
Asistiron 69 nenos e nenas do noso centro, que correron en catro probas, conseguindo uns moi bos resultados, incluíndo medallistas en todas as probas.
A pesares do intenso frío e da néboa, desfrutaron dun gran día de práctica deportiva e de convivencia con nenos e nenas doutros centros da nosa zona.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

O MAGOSTO

Este ano, o magosto non tivo a mesma celebración que en cursos anteriores, debido ás obras que se están realizando no patio da Uceira. Aínda así, dentro das aulas, houbo moitas actividades relacionadas con dita festividade.

Na titoría de 5ºB

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Foi promovida pola Xunta de Galicia para fomentar o consumo de peixe entre os nenos e nenas.

No noso centro participaron todos os cursos de primaria. A continuación podedes ver unha presentación que nos mandaron os de 5º.


viernes, 12 de noviembre de 2010

BENVIDA

A partir de hoxe dámosvos a benvida ao BLOG do COLE. Empezamos unha nova experiencia, co obxecto de establecer unha comunicación sobre todo coas familias do noso alumnado.
Nel teredes informacións puntuais e tamén acceso ao desenvolvemento de diversas actividades.
Esperamos que sexa do voso interese.