jueves, 21 de marzo de 2013
Día Mundial da Auga, da Árbore e da Poesía
Os nenos e nenas de 6º C, participaron hoxe nun acto literario organizado poa Fundación Insua dos Poetas, coa colaboración do Concello do Carballiño e Diputación de Ourense, no lugar chamado Insua dos Poetas (A Esgueva-Madarnás).
miércoles, 20 de marzo de 2013
Aniversario de Pinocho
O día 10 de marzo celebrouse o 130 Aniversario de Pinocho, motivo polo
cal algúns nenos e nenas de 5ºA decidiron facen un debuxo conmemorativo
desta data e expoñelo no taboleiro xunto coas caricaturas, feitas
previamente, de Rosalía de Castro, co gallo do 150 aniversario de
Cantares Gallegos.
Se queredes ver e escoitar outra vez o conto, podedes premer no seguinte enlace:
viernes, 8 de marzo de 2013
Día da Muller Traballadora
Hoxe día 8 de Marzo, queremos facerlle unha homenaxe a todas as mulleres que dalgunha maneira axudaron e aínda seguen axudando a que a sociedade avance e mellore. Debemos educar en igualdade. A coeducación como valor a promover no noso Centro.
jueves, 7 de marzo de 2013
Xogos Populares
A Secretaría Xeral para o Deporte organiza o Programa XOGADE. Dentro deste programa, nós xa participamos en varias actividades:
- Campo a Través, e
- Exposición de Educación en Valores a través do deporte.
Durante a semana pasada e esta, estamos a participar noutra EXPOSICIÓN, a de XOGOS POPULARES. Temos os corredores do Cole cheos de carteis ilustrativos de varios xogos tradicionais, que nós recollemos na seguinte presentación.
Xogos populares from milarofer
Suscribirse a:
Entradas (Atom)