Ceip Plurilingüe Calvo Sotelo
Ceip de Educación Infantil e Primaria.
jueves, 23 de marzo de 2017
Deixamos de empregar o Blog
O Blog deixou de ser empregado como medio de información das actividades do Centro. Agora todo tipo de informacións relacionadas co colexio, pasan a ser tratadas na páxina web do Centro.
jueves, 6 de febrero de 2014
Isaac Alonso Estraviz
O pasado venres, día 31 de xaneiro veu a darlle unha charla aos nenos e nenas de 6º de primaria, o profesor Estraviz.
Preme na imaxe para coñecer a súa Biografía
Se queredes consultar máis información sobre a visita nas aulas podedes consultar os blogs de 6º:
martes, 4 de febrero de 2014
Día da Paz
Para festexar o DÍA DA PAZ, este curso decoramos por titorías uns paraugas con esta temática.
Velaí o resultado!
Velaí o resultado!
O desexo de todos quedou reflectido nunha exposición de murais e de traballos nos corredores e nos taboleiros.
CALVO SOTELO CAMPO DA FEIRA UCEIRA
jueves, 16 de enero de 2014
Storytelling (Contacontos en inglés)
Os nenos de 4º e 6º, así como tamén algúns de 3º e de 5º, disfrutaron dunha divertida actividade de animación á lectura en inglés, esta xoves pola mañá, no Salón de Actos da Uceira.
O conto de cuarto foi: The Smartest Giant in Town basado en un libro de Julia Donaldson e Axel Scheffer.
A lectura de quinto, terceiro e sexto foi: The Snail and the Whale.
O conto de cuarto foi: The Smartest Giant in Town basado en un libro de Julia Donaldson e Axel Scheffer.
A lectura de quinto, terceiro e sexto foi: The Snail and the Whale.
miércoles, 8 de enero de 2014
Festival de Nadal
O xoves, día 19 de decembro, tivemos o FESTIVAL DE NADAL no Salón de Actos da Uceira, tendo como espectadores ás familias do noso alumnado.
As actuacións estiveron repartidas en sesión de mañá e tarde e, foron as seguintes:- Desfile mestura de estilos "Imos de Festa", realizado por nenos e nenas de 2º de primaria, que remata cun baile de nenos de 4º.
- Panxoliña "Cantade Mociños", interpretada por alumnos de 2º de primaria.
- Educación infantil cantou: "Estrellita donde estás", nenos e nenas de 3 anos."Hoy canto para ti", nenos e nenas de 4 anos."El invierno", nenos e nenas de 5 anos."É Nadal" , todo o alumnado de infantil."Cantade mociños", os nenos e nenas de 5 anos. Enlace
- Teatro: "A visita do Inspector" interpretada por alumnos e alumnas de 3º de primaria.
- Panxoliña "Os Pastores", cantada por nenos e nenas de 3º de primaria.
- Anuncio: "Se chove que chova", interpretado por alumnos e alumnas de 6º B.
- Programa de televisión: "Atopar ou non atopar", realizado por nenos e nenas de 6º.
- Dramatización: "As chicharras e as formigas", por alumnos e alumnas de 1º.
- Anuncios: "Publicidade variada" dramatizados por alumnos de 4º.
- Baile: "Soy tu gominola" de nenas de 5º C.
- Teatro: "Preparándonos para emigrar. Anos 60", interpretado por alumnos e alumnas de 5º.
Tamén o xoves, día 19 de decembro pola tarde os edificios do Calvo Sotelo e do Campo da Feira tiveron os seus propios FESTIVAIS.
viernes, 22 de noviembre de 2013
MAGOSTO 2013
Co gallo da celebración da festa popular do Magosto, e a proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, cada aula elaborou unha receita de cociña cuxo ingrediente principal foi a castaña.
Velaí o resultado!
Bo proveito!
Os alumnos e alumnas tamén colaboraron con manualidades, debuxos e murais para decorar os corredores e as aulas do centro.
Para rematar festexamos o día comendo castañas asadas e facendo pequenas festas nas aulas.
jueves, 21 de noviembre de 2013
As abellas
Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria asistiron a unha charla sobre AS ABELLAS. Unha actividade complementaria ao currículo de aula, que estaban a traballar a unidade dos animais. O apicultor, Alberto Decabo Álvarez, que é o pai dunha nena de terceiro, tivo a xentileza de acudir ao centro e compartir os detalles máis importantes da vida e costumes destes insectos.
Ademáis, como remate, todos puideron probar o mel, que el mesmo lles proporcionou.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)