lunes, 28 de enero de 2013

FINAL COMARCAL DO CAMPO A TRAVÉS


O xoves, 24 de xaneiro, participamos na Final comarcal de campo a través que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro no Puzo do Lago do concello de Maside.
Participaron un total de 10 centros educativos da comarca  do Carballiño.  
É de agradecer o bo comportamento e colaboración dos participantes, o que favoreceu que a xornada fose competitiva pero sobre todo deportiva. A isto axudou a climatoloxía, un día estupendo para poder disfrutar das carreiras.
Por último felicitar aos nosos atletas polos resultados acadados, e en especial a Clara Pérez López polo 1º posto en categoría Benxamín Feminino e a Nayeli Iglesias Chávez polo 1º posto en Alevín feminino, sen esquecernos do primeiro posto acadado polo equipo alevín feminino e o 2º posto en benxamín feminino e masculino, en alevíns masculino e en infantil feminino.