lunes, 26 de noviembre de 2012

CAMPO A TRAVÉS NO PUZO DO LAGO

O 22 de novembro participamos na Fase Zonal do Carballiño, na proba de Campo a Través que se celebrou no Puzo de Lago, no concello de Maside.
A proba pertence ao Programa Xogade, que promove e coordina a Secretaría Xeral para o Deporte.






 Clara Pérez López foi a gañadora en Benxamín Femenino
e Nayeli Iglesias Chávez foi a gañadora en Alevín Femenino

Noraboa a todos os participantes, que axudaron a fomentar o espíritu deportivo.

viernes, 9 de noviembre de 2012

AS CASTAÑAS

Os nenos de 2º A e 2º C utilizaron as castañas para algo máis que para comelas. Castañas decoradas coa axudas dos pais e nais que poñen de manifesto unha gran imaxinación.







 Os de 5º A fixeron uns traballos moito máis elaborados.